viernes, 29 de julio de 2016

Reflexión marco conceptual _ Jose Pedreira



REFLEXIÓN INDIVIDUAL DO MARCO CONCEPTUAL


Este marco conceptual divídese en 3 temas:


TEMA 1 ACTUALIZACIÓN DO MERCADO LABORAL

1.- MERCADO DE TRABALLO

Neste punto desarrollase a estrutura do mercado de traballo, e os elementos que o componen (oferta e demanda). Analízase o equilibrio no mercado de traballo e as causas e efectos do paro.

A oferta de traballo depende do número de persoas maiores de 16 anos (crecemento natural da poboación e fluxos migratorios)

A demanda de traballo representa a cantidade de traballadores que as empresas ou empregadores están dispostas a contratar, e esto depende fundamentalmente dos salarios (se os salarios son altos demándase poucos traballadores e se son baixos demándase máis traballadores).

O equilibrio no mercado de traballo (punto de corte da pendente negativa da función de demanda, e pendente positiva da función de oferta) determinará o número de persoas que participan no proceso produtivo. Na demanda: canto máis baixos sexan os soldos más traballo demandarán as empresas, e na oferta: canto máis altos sexan os soldos máis xente quererá traballar.

As causas do paro analízanse desde dous puntos de vista moi distintos: A corrente clásica que pensa que as causas do paro son o funcionamento do mercado de traballo e a rixidez dos salarios á baixa, e a corrente keynesiana que dí que a causa do paro é a insuficiente demanda agregada da economía.

Os efectos do paro nótanse sobre as persoas paradas, sobre as persoas ocupadas e sobre a economía no seu conxunto. Disminución de ingresos, degradación e caída da autoestima, parte do traballo non se remunera, perda de capacidade produtiva, mala distribución da renda, máis pobreza e desigualdade, escasa demanda interna, ráchase a economía do benestar.






2.- INDICADORES DO MERCADO DE TRABALLO

Define as variables que compoñen a Enquisa de Poboación Activa (EPA), e as Taxas segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA).

Activos: ocupados (traballadores por conta propia e asalariados) e parados (pesoas de 16 ou máis anos sen traballo, dispoñibles para traballar e buscando activamente emprego). Inactivos: poboación de 16 ou máis nos non incluídos nas categorías anteriores.

Taxa de actividade (Ta) = porcentaxe de poboación activa entre poboación en idade de traballar.

Taxa de paro (Tp) = porcentaxe de poboación desempregada entre poboación activa.

Taxa de emprego (Te) = porcentaxe de poboación ocupada entre poboación en idade de traballar.


3.- DESEMPREGO. CONCEPTO E TIPOS

Neste punto exponse os métodos activos de procura de emprego segundo o Regulamento CE 1987/2000, e definense os distintos tipos de paro.

Paro Estrutural: desaxuste entre oferta e demanda de traballadores.

Paro Friccional: os traballadores buscan cambiar de emprego para progresar ou mellorar.

Paro Cíclico: causado por un ciclo, mesmo económico...

Paro Estacional: ten o seu orixe na maior oferta ou demanda de traballo segundo as estacións do ano máis idóneas ao aumento da actividade nos sectores donde se produce.


4.- O MERCADO DE TRABALLO ACTUAL

Normativa actual do mercado de traballo e das relacións laborais, o comportamento das ocupacións, os novos xacementos de emprego, e os perfiles profesionais da oferta de emprego.

Características esenciais do mercado actual: incremento da presenza da muller en máis sectores profesionais, aumento da producción e redución dos postos de traballo, aparición de novas profesións, a maioría das persoas están ocupadas no sector servizos, aumento das pequenas empresas en grandes núcleos urbanos (descentralización produtiva), forte competencia entre as empresas, aumento da mecanización (robots e automatismos industriais), implicación dos traballadores no funcionamento da empresa (capacidade de organización e iniciativa), necesidade de aprender a adaptarse aos cambios tecnolóxicos nas profesións ou oficios, redución da xornada laboral, aumento de oportunidades laborais onde se traballa con información-gráficos-datos-estudos, diminución da actividade do sector agrario.

Temos a disposición normativa abundante nos seguintes portais galegos, españois e europeos:

Servizo Público de Emprego Estatal
Consellería de Economía, Emprego e Industria
IGAPE
Instituto Galego de Saúde Laboral (ISSGA)
Comisión Europea de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión


5.- AS OCUPACIÓNS

Están relacionadas no RD 1591/2010 que aproba a Clasificación Nacional de Ocupacións 2011


6.- INSTRUMENTOS E FERRAMENTAS PARA O ESTUDO DO MERCADO DE TRABALLO

Observatorio Ocupacional do Servizo Público de Emprego Estatal

Observatorio Ocupacional do Servizo Público de Emprego de Galicia

Observatorio Europeo de Emprego (OEE)

A prospección do mercado de traballo


7.- COMO E ONDE TRABALLAR

Traballo por conta allea (emprego público e empresa privada)

Traballo por conta propia

Axudas e subvencións











TEMA 2 A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL

1.- INTRODUCIÓN: O EMPRENDEMENTO E OS BENEFICIOS SOCIAIS DA CREACIÓN DE EMPRESAS E DO EMPRENDEMENTO SOCIAL

O contexto da dinámica emprendedora. Principais factores de desmotivación para emprender. Os beneficios sociais da creación de empresas e do emprendemento social.

Contextualizando un pouco a dinámica emprendedora, decir que cada vez máis españois intentan emprender un novo proxecto empresarial, pero esto non é suficiente para compensar a perda ou cesamento de actividades empresariais en empresas xa consolidadas, por efecto directo da crise, polo que foron máis abundantes os cesamentos que as aperturas. Moita xente queda sen emprego e ante a escasa cultura emprendedora, aparece moito emprendemento por necesidade, sin ser por verdadeira iniciativa ou oportunidade de negocio, polo que o emprendemento e de baixa calidade. Son varios os factores de desmotivación para emprender entre os españois: as barreiras mentais (falta de valoración social do empresario), falta de ideas e descoñecemento do sector, falta de formación específica para o emprendemento, falta de financiamento e excesiva burocracia para crear una empresa, temor ao fracaso e medos persoais. O informe GEM 2015 sobre emprendemento e creación de empresas danos moitos datos sobre esto, e tamén nos alenta decindo que aparece unha lixeira recuperación da actividade emprendedora, o que é preciso para manter e mellorar o grao de benestar e riqueza. Recomenda tamén a necesidade de mellorar urxentemente o acceso ao financiamento, a redución de trámites para crear unha empresa (estamos no cuarto posto de cola dos 34 paises da OCDE en dificultade burocrática e de trámites para crear unha empresa), a implantación de materias escolares que fomenten o espírito emprendedor, e dotarse dunha formación específica acade mecanismos para o recoñecemento das oportunidades. Neste contexto e moi importante o desempeño profesional dos orientadores laborais para contribuir ao fomento do autoemprego e a creación de empresas. É preciso conseguir que o emprendemento sexa considerado un valor cultural da sociedade.


2.- O EMPRENDEMENTO SOCIAL

Os axentes que protagonizan o emprendemento social son: as cooperativas, as sociedades laborais, os centros especiais de emprego, as empresas de inserción, as confrarías de pescadores, as asociacións, e as fundacións.

A economía social e as súas empresas diferencianse das empresas capitalistas ordinarias pola primacía das persoas e do fin social sobre o capital, pola aplicación dos resultados ao fin social da empresa, e pola promoción da solidariedade interna e coa sociedade.

Efectos da Economía Social: A calidade do emprego, a igualdade de oportunidades, a elevada presenza relativa a actividades de servizos sociais (dependencia, maiores, discapacidade), a contribución á creación de riqueza e xaración de emprego no rural, fixa a pobación nas zonas rurais e evita o seu despoboamento, ocupa a colectivos con algunha dificultade, menor desemprego, mantén empresas de elevado interese social, impide o peche de empresas de zonas rurais e o despoboamento da zona.

A economía social é máis resistente ao desemprego, e pénsase que pode contribuir a saída da crisis e a un maior desenvolvemento económico.







3.- OS ELEMENTOS ESENCIAIS NO PROCESO DE CREACIÓN DE EMPRESAS

A Idea e a súa validación. A idea responde a pregunta "que emprender?". É o proceso que convirte un concepto inicial nuha oportunidade. Provén da creatividade das persoas que son capaces de descubrir a oportunidade de negocio que ésta supón. É preciso ser innovador, de modo que poida ir xerando ideas para adaptarse aos constantes cambios do mercado e pervivir nel. Para crear empresas precisamos innovación técnica, innovación comercial, innovación organizativa. Os mananciais de ideas de empresa ou negocio poden ter distintas procedencias segundo distintos autores: unha invención, o propio interese persoal por algo, as afeccións, novas tendencias, funcionamento deficiente das empresas do sector, a inexistencia de algo, redescubrir novas aplicacións, detectar melloras en procesos produtivos, copiar ou imitar a outros, o inesperado, as incongruencias, perfeccionar un proceso, cambios no propio mercado ou sector, cambios demográficos, variacións nos gustos e valores, aplicación de novos coñecementos, cambios sociais e económicos na contorna.

O Modelo de negocio ou deseño empresarial. A persoa emprendedora reflexiona sobre a forma en que vai buscar, captar, crear e proporcionar valor aos seus clientes coa oferta que levará ao mercado. Para elo valerase do método CANVAS, diagrama que a partir dunha idea para pór en marcha unha empresa, responde a catro preguntas correspondentes a catro áreas que conforman o proxecto : infraestrutura (cómo?), oferta (qué?), clientes (quén?), finanzas (cánto?).

A Persoa emprendedora: características persoais e consecuencias da decisión de emprender. Consecuencias da decisión de emprender. A persoa emprendedora e aquela que foi capaz de concibir a idea, sobre a que recae a iniciativa e posta en marcha da nova empresa. Responde á pregunta qúen? e por que emprender?. Quén emprende? persoas coas características: entusiasta e con motivación, confiado en si mesmo, observador metódico e creativo, orientado cara á xente, orientado ao resultado, orientado ao futuro, tomador de riscos, con competencias e habilidades en xestión empresarial, coñecedor do sector ou mercado, con sentido ético da actividade empresarial. Por que se emprende? motivos: ter madeira de emprendedor, detectar unha oportunidade de negocio, tratar de solucionar situacións propias.

O plan de empresa: que é, para que é e como se elabora. É un documento onde o emprenderdor dalle forma a súa idea, reflexiona sobre as cuestións máis importantes para a posta en marcha do seu proxecto de nova empresa. Serve para darlle forma a idea, acoutar a actividade, planificar a estratexia, coñecer a viabilidade, avaliar e controlar a evolución do proxecto, dar a coñecer o proxecto, e buscar financiamento. Elaborase mediante un proceso de reflexión riguroso e con datos precisos, coidando a presentación, redactado de xeito conciso e claro, ordenado e estruturado, integrando todos os aspectos crave, con criterios realistas, e intervindo o emprendedor. Contido do plan de empresa: introdución, estudo de mercado, plan comercial, plan de organización e recursos humanos, aspectos legais, estudo de viabilidade económico-financieiro, conclusión, resume executivo, e anexos.


4.- O ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES NO PROCEDEMENTO DE CREACIÓN DE EMPRESAS

As fases da creación da empresa. Fase de xestación: contacto coa persoa emprendedora, perfil do emprendedor, maduración e validación da idea (deseño empresarial - canvas). O orientador coñecerá o proxecto, indaga as necesidades, explica o alcance do traballo, axuda a validar a idea e habilidades emprendedoras. Fase de análise: titorización plan de empresa, materialización do proxecto. O orientador titoriza e elaboración do plan de empresa, axuda na análise económica e financeira para determinar a viabilidade do proxecto (posta en marcha da empresa). Fasede posta en marcha: xestión empresarial. O orientador mantén o contacto para posible testemuña a potenciais e futuras persoas emprendedoras. Fase de consolidación: supervivencia

As claves para asesorar a persoas emprendedoras. Ser respectuoso coa persoa emprendedora a súa idea e o seu proxecto, escoitar e logo dar orientacións e opinar obxectivamente sen prexuizos con sentido ético e responsable, compromiso de confidencialidade e discrición, as decisións tomas a persoa emprendedora, traballar específicamento o proxecto de cada persoa emprendedora e inculcar traballo de reflexión, claridade nas indicacións positivismo e empatía, facilitar o acceso a fontes de información, recomendar actividades formativas para madurar a idea ou adquirir habilidades, establecer compromisos para realizar o plan de empresa, recoñecer o alcance do traballo de orientación e recomendar a utilización doutros profesionais especializados.





TEMA 3 ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL

1.- SISTEMA NACIONAL DE EMPREGO

Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Organización, estrutura e competencias. Órganos: Consello Xeral, Comisión Executiva Central, Dirección Xera. Estrutura: 1 Servizos Centrais, 759 Oficinas distribuídas en 52 provincias, 1 espazo web. Ten as competencias de lexislación laboral, bases e planificación xeral da actividade económica, políticas pasivas de emprego (todo o referente ás prestacións e subsidios por desemprego...).

O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Organización, estrutura e competencias. Ten as competencias de desenvolvemento e execución das políticas activas de emprego (transferidas a Galicia dende o ano 1997).


2.- MARCO ACTUAL DA POLÍTICA DE EMPREGO EN ESPAÑA

Marco institucional das políticas activas en España. O plan Anual de Política de Emprego (PAPE). A Estratexia de Activación para o Emprego. Plan Anual de Reformas de España 2016.


3.- A POLÍTICA DE EMPREGO EN EUROPA

A Estratexia Europea de Emprego 2020. Ámbitos de desenvolvemento das políticas activas de emprego (Prioridades da Estratexia 2020, Obxectivos da Estratexia 2020, e Financiamento)









REFLEXIÓN PERSOAL

Quería comezar esta reflexión con un enlace a unha noticia da Voz de Galicia de hoxe, que titula "A facturación das empresas galegas volve a situarse en cifras previas á crise", pero o mesmo tempo subtitula "A gran debilidade é o emprego, con 120.000 ocupados menos que no ano 2006". Esta noticia basa a súa afirmación nos sectores textil da Coruña e Automoción de Vigo, como os de maior peso específico. Xa estudamos neste módulo o mercado de traballo, os seus indicadores, o desemprego, as ocupacións, o emprendemento, o labor de asesoramento e orientación, e o sistema nacional de emprego e políticas de emprego en España e en Europa. Pero volvendo á noticia, vemos que se concentra moito a actividade en dous sectores productivos moi importantes, xa temos experiencia en eso, antes da crise concentrábase a actividade en sectores de construcción e turismo, e o caer esos sectores ocasionou unha catástrofe económica. É bo defender os sectores consolidados, pero non debemos esquecer que para consolidar unha economía forte é preciso diversificar, innovar, potenciar actividades novas con futuro, porque calquera deslocalización a outros lugares que poda xurdir nestas empresas importantes, pode ocasionar un problema insalvable para o emprego. Xa vemos que recuperan o seu nivel de facturación, pero son capaces de conseguilo co mesmo número de empregos ou menos. Creo que a alternativa para a creación de emprego pasa por crear novos negocios, novos mercados, novas tecnoloxías, novo...., en definitiva, precisamos novas ideas, e se algún día conseguimos Goberno..., deberían pensar en eso.





"para saber máis"

Instituto Galego das Cualificacións
IGAPE crear una empresa
Emprendedores - ideas de negocio
Programa operativo FSE Emprego Xuvenil 2014-2020
Plan anual de política de emprego 2016
Programa nacional de reformas 2016




No hay comentarios:

Publicar un comentario